Hoxe, o alumnado de 1º de Ed. Primaria, foi ata o CEIP Xunqueira I a facer a súa sesión de MULTIXOGO 6-8 organizada por ADESPONT en colaboración co Servicio de Deportes da Xunta dentro do programa XOGADE con nenos e nenas do citado colexio. Foi unha xornada de convivencia espectacular onde a parte das actividades moi ben propostas pola mestre de EF do centro, serviunos para convivir e xogar con nenxs da nosa mesma idade doutro colexio, polo que estamos altamente agradecidos a súa invitación e pasamos unha xornada de EF diferente as habituais.
Fixemos varias rotacións, onde a rapazada dividida en equipos mixtos de nenxs dun e doutro cole, xogaron xuntos e fixeron todas e cada unha das tarefas propostas ata pasar por todas as rotacións.
Estas tarefas foron:
* Circuito de Habilidade.
* Lanzamentos de Precisión.
* Sacar o Rabo.
* 10 pases.
* Coordinación con Globos.
* Remudas.
Coma mostra...







