sábado, 25 de septiembre de 2021

Andaina con 1º e 2º de ed. primaria

Onte rematamos coas andainas de septembro deste ano. Tocoulle ás clases de 1º e 2º de ed. primaria.

Fomos moi tranquilos e a cativada respondeu moi pero que moi ben.

Teño que dar as gracias as titoras de cada clase, por acompañarnos en cada unha das andainas.

Faremos algunha máis o longo do curso que xa vos irei contando.










                                        


                                                                             

                                         




miércoles, 22 de septiembre de 2021

Andaina con 3º e 4º de ed. primaria.

Na xornada de onte, tamén fixemos as andainas coas clases de 3º e 4º de ed. primaria. Unha xusto depois do recreo e a outra, xusto a continuación, antes de rematar as clases do día.

Esta vez fomos polas Marismas de Alba, onde puidemos apreciar a flora e fauna existente (incluso o curso de 3º, puido ver unha garza no río e a clase de 4º viu un montón de peces pequechiños dun lado do cauce). Logo de dar unha camiñada as veces un pouco rápido e outras un pouco lento, seguro que algún/algunha, terá maniotas cando se desperte, o que quere dicir, que temos que facer un pouquichiño máis de exercicio. Así que, moito ánimo e a facer deporte!!!
























Sesión de iniciación ó atletismo

Contando coa gran colaboración e axuda da Sociedade Gimnástica de Pontevedra e impartindo unhas grans sesións de iniciación ó atletismo por parte do atleta e adestrador do propio clube, Joao; o alumnado de 2º de ed. primaria puido desfrutar dunha xornada de atletismo practicando carreiras, saltos e lanzamentos, despois do quencemento oportuno.

Tanto a rapazada de 3º de ed. primaria o xoves pasado, como a rapazada de 2º de ed. primaria hoxe, levaron para darvos na casa unha tarxeta onde vos pon como tedes que facer para entrar a xogar co atletismo, por si algún ou algunha está interesado/a.