Ola, como ides?
Como vos dixera, aquí vos deixo a mostra gráfica da sesión de atletismo que fixemos hoxe co alumnado de 3º de Ed. Prim.
Fixérono moi pero que moi ben, e temos posibilidades de que algún deles/as, sexan uns "atletas profesionais".
Logo de facer un quecemento, Joao, atleta e adestrador da SGP (Sociedad Gimnástica de Pontevedra), acercounos as probas de relevos, logo as de carreiras e por último os lanzamentos.
Mañá, tócalle o turno á clase de 2º de Ed. Primaria. Espero poder publicar fotos do acontecemento.