sábado, 18 de septiembre de 2021

Suspensión temporal de actividade

Ola, bo día! Que tal?

Quería aclararvos unha cuestión. Onte, tiñamos prevista facer coa clase de 2º de ed. primaria a sesión de iniciación ó atletismo, pero por mor das malas condicións climatolóxicas, tivemos que suspendela ata a semana que ven, concretamente para o vindeiro martes.

Seguro que ese día, podemos facelo e sairá tan ben como teño pensado!!!

Mostrareino coas fotos correspondentes.


Por outra banda, quería informarvos de que este semana faremos dende a asignatura de ed. física e acompañados de cada tutora, as xa tradicionais "andainas".

O luns, tocaralle o turno as clases de 5º e 6º de ed. primaria, onde visitaremos a Illa das Esculturas.

O martes, tocaralle o turno as clases de 3º e 4º de ed. primaria, onde visitaremos as Marismas de Alba.

O venres, tocaralle o turno as clases de 1º e 2º de ed. primaria, coas que faremos unha visita a Alameda e as Palmeiras.

Apertas e que teñades unha boa fin de semana.