Na xornada de onte, tamén fixemos as andainas coas clases de 3º e 4º de ed. primaria. Unha xusto depois do recreo e a outra, xusto a continuación, antes de rematar as clases do día.
Esta vez fomos polas Marismas de Alba, onde puidemos apreciar a flora e fauna existente (incluso o curso de 3º, puido ver unha garza no río e a clase de 4º viu un montón de peces pequechiños dun lado do cauce). Logo de dar unha camiñada as veces un pouco rápido e outras un pouco lento, seguro que algún/algunha, terá maniotas cando se desperte, o que quere dicir, que temos que facer un pouquichiño máis de exercicio. Así que, moito ánimo e a facer deporte!!!