Ola, ola!!! Que tal?
Como levades o inicio de curso? Seguro que con moitos nervios polos cambios de clase, mestres, etc., pero xa veredes que pouco a pouco imos collendo o ritmo.
Na asignatura de educación física comezamos fortes. Hoxe, temos una sesión de iniciación ó Atletismo, contando coa colaboración o Clube Gimnástica de Pontevedra. Colaboración que xa levamos tendo dende moito tempo atrás e que espero que sigamos tendo durante moito, pero que moito tempo.
Hoxe tócalle o turno a clase de 3º de educación primaria e mañá, teñen esa sorte o alumnado de 2º de educación primaria; tendo estas dúas clases, a posibilidade de "aprender" atletismo cuns profesionais.
Cando rematemos, publicarei as fotos ou vídeos das actividades para que vexades como se desenvolven os "nosos atletas".
Ata a próxima e bo día!!!