Como vos indicara anteriormente, onte fixemos a andaina co alumnado de 5º de ed. primaria xusto despois do recreo e co alumnado de 6º de ed. primaria a derradeira hora de clase da mañá.
Con ámbolos dous cursos fomos á Illa das Esculturas onde aparte de facer a ruta de sendeirismo, vimos a illa dende outro prisma, dando importancia as esculturas e estructuras alí presentes e que coñeceran a contorna dun xeito diferente.
Conseguimos tódolos obxectivos marcados e incluso o alumnado quería continuar coa andaina.