Contando coa gran colaboración e axuda da Sociedade Gimnástica de Pontevedra e impartindo unhas grans sesións de iniciación ó atletismo por parte do atleta e adestrador do propio clube, Joao; o alumnado de 2º de ed. primaria puido desfrutar dunha xornada de atletismo practicando carreiras, saltos e lanzamentos, despois do quencemento oportuno.
Tanto a rapazada de 3º de ed. primaria o xoves pasado, como a rapazada de 2º de ed. primaria hoxe, levaron para darvos na casa unha tarxeta onde vos pon como tedes que facer para entrar a xogar co atletismo, por si algún ou algunha está interesado/a.