Ola, ola!!! Xa estamos de volta. Como foi ese verán? Seguro que moi pero que moi ben e vides coas pilas cargadas para comezar un novo curso académico, que espero e desexo que esté un pouco máis dentro da "normalidade".
Como xa sabedes, neste blogue irei publicando todo o relacionado co deporte, vida activa e saúde do centro. Uns días publicarei recomendacións, outras fotos de actividades que fagades, outras as fotos que vos me mandedes das vosas actividades deportivas que fagades fóra do centro escolar, acompañados das vosas familias ou non, como vos queirades.
Este blogue funciona mellor, canto máis colaboredes comigo, madándome fotos ou vídeos, mandando algún escrito de algunha actividade que fixéchedes, ou todo aquelo que queirades relacionado co deporte, vida activa e saúde.
Este curso, se vos pediu que firmarades un papel para que eu poida inscribir os vosos cativos e cativas no programa XOGADE da Xunta de Galicia. O tema é que a Xunta pediunos actualizar todos os datos relativos a rapazada, porque tiñan moitos datos de alumnos/as doutros centros que non estaban actualizados, e quixeron comezar dende 0.
Para os que estedes interesados, déixovos aquí un enlace onde podedes botarlle unha ollada o programa.
Sabedes que para cualquier consulta ou aclaración, podedes indicarmo no correo: educacionfisica@cprsanjose.es
Saúdos, Gonzalo.