miércoles, 30 de noviembre de 2022

Publicación Faro de Vigo

Ola, como ides?

No enlace de abaixo, vos deixo a nota de prensa que publicaron no periódico Faro de Vigo no día de hoxe. Podedes comprobar que facemos unhas cantas actividades complementarias, non vos parece...?

Noticia Faro de Vigo

viernes, 25 de noviembre de 2022

Máis actividades vosas

Ola, aquí vos deixo as fotos e vídeos que me foron chegando esta semana de algunhas/os compañeiras/os do cole, facendo actividades deportivas fóra do centro.

Como sempre vos digo, animádevos a enviarme as vosas fotos ou videos facendo deporte. Xa sabedes que tedes que mandarmas a educacionfisica@cprsanjose.es






jueves, 24 de noviembre de 2022

Buxainas

Ola, ola, como imos?

Xa estamos chegando o final destas dúas semanas de xogar coas buxainas e peonzas. Aquí vos deixo as derradeiras fotos coas clases que faltaban.

Agora, podedes continuar xogando vos na casa e seguir practicando... 













viernes, 18 de noviembre de 2022

Actividades vosas

Ola, ola, como imos?

Aquí vos deixo as últimas fotos e vídeos que me chegaron de compañeiros e compañeiras vosas realizando actividades deportivas fóra do horario escolar.

Como podedes ver, temos de todo un pouco.

A nímovos a que enviedes máis fotos e vídeos vosas practicando deporte, espérovos!!

Devedes enviarmos a educacionfisica@cprsanjose.es







jueves, 17 de noviembre de 2022

Froita

Ola, que tal?

Como xa sabedes, levamos dende o luns pasado (07-11-22) coas semanas da froita que se levarán a cabo ata o día 18-11-22, venres.

Están sendo todo un éxito e a rapazada está a comer moita froita do cal nos alegramos. Cada día teñen unha froita diferente, puidendo repetir se sobrou froita do día anterior.

Xa vos contarían os rapaces e rapazas pero déixovos unhas fotos coa froita que tivemos ata o de agora:





Como xa sabedes por anos anteriores, este é un programa de fomento do consumo de froita promovido polo FOGGA da Xunta de Galicia. Esperamos que sigamos podendo participar e promocionar o consumo de froitas de tempada. 

En próximas datas, será o tempo do leite, financiado dentro do mesmo programa.

Esperamos e desexamos que a resposta do alumnado sexa igual que ata o de agora.

Seguiremos en contacto...

Trompos

Por San Martiño...trompos o camiño!!! e neso estamos dende o venres pasado. Coma sempre, algúns parece que non o levan facendo dende primeiro de primaria e outros/as, parecen profesionais.

Déixovos unha mostra a continuación:





















miércoles, 16 de noviembre de 2022

Xogabalonmán

Dentro do programa XOGADE no que estamos integrados como centro educativo, comezamos a semana pasada coas xornadas de Xogabalonmán coa clase de de educación primaria. Esta actividade, engloba 4 sesións a realizar no centro por parte de técnicos da Federación Galega de Balonmán (das que polo de agora levamos realizadas dúas), e finalizar nunha sesión conxunta con varios centros de Pontevedra adscritos o devandito programa.

Polo de agora, a rapazada está responde moi pero que moi ben, seguindo as indicacións dos técnicos da Federación e de seguro que estaremos "preparados" para esta xornada conxunta cos demáis centros escolares.

Déixovos unhas fotos co que levamos feito ata o de agora: