miércoles, 16 de noviembre de 2022

Xogabalonmán

Dentro do programa XOGADE no que estamos integrados como centro educativo, comezamos a semana pasada coas xornadas de Xogabalonmán coa clase de de educación primaria. Esta actividade, engloba 4 sesións a realizar no centro por parte de técnicos da Federación Galega de Balonmán (das que polo de agora levamos realizadas dúas), e finalizar nunha sesión conxunta con varios centros de Pontevedra adscritos o devandito programa.

Polo de agora, a rapazada está responde moi pero que moi ben, seguindo as indicacións dos técnicos da Federación e de seguro que estaremos "preparados" para esta xornada conxunta cos demáis centros escolares.

Déixovos unhas fotos co que levamos feito ata o de agora: