jueves, 17 de noviembre de 2022

Froita

Ola, que tal?

Como xa sabedes, levamos dende o luns pasado (07-11-22) coas semanas da froita que se levarán a cabo ata o día 18-11-22, venres.

Están sendo todo un éxito e a rapazada está a comer moita froita do cal nos alegramos. Cada día teñen unha froita diferente, puidendo repetir se sobrou froita do día anterior.

Xa vos contarían os rapaces e rapazas pero déixovos unhas fotos coa froita que tivemos ata o de agora:





Como xa sabedes por anos anteriores, este é un programa de fomento do consumo de froita promovido polo FOGGA da Xunta de Galicia. Esperamos que sigamos podendo participar e promocionar o consumo de froitas de tempada. 

En próximas datas, será o tempo do leite, financiado dentro do mesmo programa.

Esperamos e desexamos que a resposta do alumnado sexa igual que ata o de agora.

Seguiremos en contacto...