miércoles, 28 de octubre de 2020

1ª actividade

Ola, ola! Que tal?

Despóis dun mes e pico de clase, xa era hora de propoñervos unha actividade para que fagades un pouco de traballo na casa. Xa sabedes, que podedes "liar" os vosos irmáns, pais, nais, avós, avoas, e todos os que queirades, para que vos acompañen nesta tarefa.

Para comezar, gustaríame que todos e todas, mandarades unha foto vosa facendo calquer exercicio físico fóra do colexio. Cousas que fagades polas tardes ou nos fins de semana. Poden ser con algún implemento (pelotas, raquetas, paos, balóns, patíns, aros, trompos, etc) ou sen implemento (andar, correr, nadar, etc.)

Esta tarefa proposta, podedes facela todo o alumnado do centro, dende os máis pequenos da clase de 3 anos, ata os maiores, da clase de 6º de ed. primaria. Espero que vos guste a iniciativa e que enviedes algo, espérovos.

A foto ou fotos que saquedes, tedes que mandarma/s a seguinte dirección de correo:

educacionfisica@cprsanjose.es

Por favor, cando mandedes calquer traballo voso, indicar no asunto, nome e apelidos do neno/a e o curso. Por exemplo: Tomás Rodríguez Martínez. 5º Ed. Infantil.

Lóxicamente, se queredes mandar máis dunha foto, podedes claro está. Podedes mandar cantas queirades, e vos animo, a que o fagades.

Teño que facer un apartado especial para os pais e nais, porque gracias a vos, este intercambio de traballos dos vosos fillos e fillas será máis doado, cómodo e eficaz para todos, tanto para os nenos, como para os pais, como para min como maestro. Así que douvos as GRACIAS antes de nada.

A miña idea, é ir mandando algunha tarefa para facer cada mes, para que quede constancia dos progresos dos rapaces.

En caso dun novo confinamento, eu mandaría unha tarefa semanal para que fixeran os rapaces, adaptándose cada tarefa, o nivel dos cativos.

Calquiera dúbida que teñades, podedes escribirme un e-mail a esta dirección, e contestareivos a maior brevidade posible.

Moitas gracias e moitísimos ánimos.

domingo, 25 de octubre de 2020

Volta a España pola Diabetes

Ola, bo día! Que tal?

Deixo neste blogue unha información que pode ser do voso interese. é unha actividade que podedes facer na casa, en familia e que realmente, pode ser moi interesante para vos, os vosos fillos/as e a sociedade en xeral. Como podedes ver, parte dunha asociación nacional, apoiada por unha local e que conta co apoio do Concello de Pontevedra.

Desexo que vos pareza interesante e ánimo a todos e todas!!!

Bos días


Este ano 2020, é un ano marcado pola pandemia do COVID 19, pero dende a concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde sabemos da importancia de non abandonar o deporte como alicerce fundamental dunha vida saudable.


Por iso, dende ANEDIA (Asociación de nenos, nenas e xente nova con diabetes de Galicia) decidiron sumarse ao reto Volta a España pola diabetes, que se celebrará en toda España coa Fundación Diabetes Cero (dedicada á investigación da diabetes tipo 1), Diabetes Madrid e moitas outras asociacións de diabetes de toda España.


A Volta a España pola diabetes, que se celebrará entre o 12 de setembro ao 14 de novembreo, é un reto virtual apto para todas as idades, que consiste en acumular quilómetros, podendo participar nas modalidades de camiñar, correr, ciclismo e nadar, tal e como figura no dosier adxunto.



As inscripcións faranse a través de ANEDIA, na páxina carreirasgalegas.com e o importe dos dorsais solidarios será para a financiación de proxectos de ANEDIA e Diabetes Cero.



Dende a nosa concellería, agardamos que este proxecto sexa do seu interese e agradecemos a súa difusión.