miércoles, 21 de octubre de 2020

Educación Física e Covid

Ola a todos e todas! Que tal o ides levando?

Xa estamos un pouco cansos de tanta mascarilla, hidroxel, limpeza de mans, etc.; pero é o que temos mentres estemos nesta pandemia!!!

O motivo destas liñas, é recordarvos que tedes que ter unha mascarilla de reposto sempre que vaiamos o pavillón municipal, por si se nos rompe a que levamos posta.

A mascarilla, é de uso obligatorio para todos e todas, xa que na situación que estamos, é o máis doado, a vez que seguro para todos/as.

Como podestes comprobar, eu sempre deixo tempo para que vos poidades separar dos demáis, por si queredes "respirar" mellor sacando a mascarilla. O mesmo tempo, as sesións de educación física, "baixaron" o nivel de intensidade para adaptalo a nova "normalidade". E tamén puidestes verificar, que vos deixo tempo para poder beber, cada certo tempo, durante a propia actividade física, por mor de hidratar mellor as gorxas, e non ter problemas entre o exercicio e as mascarillas.

Nada máis, moito ánimo e esperemos que dentro de pouco, poidamos estar como fai nove meses.