domingo, 25 de octubre de 2020

Volta a España pola Diabetes

Ola, bo día! Que tal?

Deixo neste blogue unha información que pode ser do voso interese. é unha actividade que podedes facer na casa, en familia e que realmente, pode ser moi interesante para vos, os vosos fillos/as e a sociedade en xeral. Como podedes ver, parte dunha asociación nacional, apoiada por unha local e que conta co apoio do Concello de Pontevedra.

Desexo que vos pareza interesante e ánimo a todos e todas!!!

Bos días


Este ano 2020, é un ano marcado pola pandemia do COVID 19, pero dende a concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde sabemos da importancia de non abandonar o deporte como alicerce fundamental dunha vida saudable.


Por iso, dende ANEDIA (Asociación de nenos, nenas e xente nova con diabetes de Galicia) decidiron sumarse ao reto Volta a España pola diabetes, que se celebrará en toda España coa Fundación Diabetes Cero (dedicada á investigación da diabetes tipo 1), Diabetes Madrid e moitas outras asociacións de diabetes de toda España.


A Volta a España pola diabetes, que se celebrará entre o 12 de setembro ao 14 de novembreo, é un reto virtual apto para todas as idades, que consiste en acumular quilómetros, podendo participar nas modalidades de camiñar, correr, ciclismo e nadar, tal e como figura no dosier adxunto.



As inscripcións faranse a través de ANEDIA, na páxina carreirasgalegas.com e o importe dos dorsais solidarios será para a financiación de proxectos de ANEDIA e Diabetes Cero.



Dende a nosa concellería, agardamos que este proxecto sexa do seu interese e agradecemos a súa difusión.