viernes, 27 de octubre de 2023

5ª fotos vosas

Ola, como imos?

Aquí vos deixo as derradeiras fotos que me chegaron.

Moitas gracias aos protagonistas e agradézovos que me sigades enviando as vosas fotos ou videos facendo actividades deportivas fóra do horario escolar a educacionfisica@cprsanjose.es




jueves, 26 de octubre de 2023

Deportes Alternativos

Ola, ola, como imos?

Aquí vos deixo unha pequena noción dos Dxts Alternativos que estamos a traballar co noso alumnado. Como xa vos comentara, son deportes que imos facer cando participemos nas xornadas intercentros onde faremos actividades deportivas con nenxs doutros colexios.

Os Dxts Alternativos son: Floorball, Pelota Canadiense e Kickball.

Déixovos as normas para que poidades ir practicando cos vosos fillxs e xa me comentaredes que tal???

                                                

                                                                                 





domingo, 22 de octubre de 2023

4ª fotos vosas

Ola, que tal?

Aquí vos deixo a última foto que me chegou. moitas gracias e espero e desexo que me sigades enviando fotos e pequenos vídeos vosos facendo cualquier actividade deportiva fóra do horario escolar.

Sabedes que tedes que enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es



miércoles, 18 de octubre de 2023

Notas de Prensa

Ola, o pasado luns, o alumnado de 4º, 5º e 6º de ed. primaria, foron ata o Hospital Provincial a facer unha "iniciación" as técnicas de Reanimación Cardiopulmonar contando coa colaboración da Escola de Enfermería.

Puideron demostrar o xa aprendido os cursos pasados na área de Ed. Física, o que demostra que é moi importante que todxs saibamos facelas porque nunca sabemos cando as imos necesitar.

Deixo aquí o publicado nos medios (pinchar enriba de cada un dos enlaces):

Pontevedraviva

Diario de Pontevedra

viernes, 6 de octubre de 2023

3º fotos e vídeos vosos

Ola, como imos?

Aquí vos deixo as derradeiras fotos e video que me chegaron esta semana. Como vedes, seguimos aumentando os deportes que practicamos.



















Podedes enviarmas ao correo educacionfisica@cprsanjose.es

Iniciación ao Baloncesto

Ola, que tal?

Como xa vos comentara, o xoves o alumnado de 3º e 4º de ed. primaria e o venres o alumnado de 1º e 2º de ed. primaria tiveron a súa sesión de iniciación ao Baloncesto impartido polos adestradores Joel e Cristiano do Club de Baloncesto Estudiantes de Pontevedra.

Foi unha xornada moi agradable e practicamos o deporte do baloncesto facendo botes, entradas a canasta, lanzamentos e pases.

Deixo as fotos que me chegaron:

                                       















Aquí vos deixo o papeliño que nos deron a cada rapaz/a por se queredes apuntarvos.


jueves, 5 de octubre de 2023

Xornada de Cros

Como vos comentara, onte tivemos a xornada de Cros, dentro do Programa XOGADE,  co alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria do centro.

Pasámolo moi ben e puidemos disfrutar dunha mañá chea de deporte. 

Como lle indiquei a rapazada, o importante era non facerse dano, despois disfrutar ao máximo e por último, axudar aos demáis por si o necesitaban; quedando os resultados nun segundo plano. 

Todos os participantes o fixeron xenial e foron uns campións pero teño que destacar a labor destes tres alumnxs que conseguiron chegar de 3º (Adrián en alevín masculino), 4º (Adrián en benxamín masculino) e 7º (Elsa en benxamín feminino) da súa proba respectivamente. 


                                     

                                               

                                    




Cando me cheguen os resultados finais de todxs, indicareillo aos protagonistas.