domingo, 31 de enero de 2021

Actividades deportivas

Ola, que tal?

Comezo poñendo as fotos e vídeos deportivos que me foron chegando desde a volta de nadal. Como vedes, temos un pouco de todo; así me gusta, variedade de disciplinas deportivas.

Anímovos a que sigades mandando para que eu poida seguir publicando no blogue deportivo do colexio.








Para enviar os vosos traballos, por favor, facelo o seguinte correo:

educacionfisica@cprsanjose.es


sábado, 30 de enero de 2021

Derradeiras fotos do leite

Este venres, 29-01-21, foi o derradeiro día de tomar o leite facilitado polo FOGGA e promovido pola Xunta de Galicia desta primeira vez, porque alá polo mes de maio, faremos unha segunda quenda de repartir leite, a que xa vos avisaremos.

Ainda así, como sobrou leite, seguiremos ofrecendo os rapaces e rapazas que queiran, que sigan tomando ata acabar existencias. 

Como podedes comprobar, a experiencia foi todo un éxito, e todo o alumnado que quiso, puido disfrutar de degustar o rico leite.

Déixovos aquí, as últimas fotos. Ata a próxima...





















Como xa vos indiquei nunha entrada anterior, este luns 01-02-21, comezamos co reparto de froita durante outras dúas semanas. A froita que degustaremos será:

Luns - PERA
Martes - MAZÁ
Mércores - MANDARINA
Xoves - PLÁTANO
Venres - AMORODO

Seguro que será un novo éxito.

Teño que dar as gracias a todas e todos as/os mestres, que sen as súas gañas, o seu interesese e saber estar, sería imposible. Por iso, 

GRACIAS, MESTRES!!!

jueves, 28 de enero de 2021

Enquisa

Ola, que tal?

Hoxe comezamos coas enquisas que temos que facer dentro do programa do DAFIS, co alumnado de 4º, 5º e 6º de ed. primaria.

Estaban nerviosos, porque pensaban que o bolígrafo que lles pedín que levaran o pavillón, era para facer un exámen, pero non; só tiñamos que facer a enquisa.

Despois dunha pequena explicación, a fixeron sin problema, axiña e preguntando se tiñan algunha dúbida.

Déxovos aquí o enlace por si a queredes ver a enquisa e facela na casa.


De seguido, continuamos coas probas deportivas do programa.


miércoles, 27 de enero de 2021

Máis fotos do leite

Ola, aquí vos van máis fotos vosas tomando o leite. Xa queda menos, así que, disfrutade...



























Para a semana, comezamos coas froitas, e serán as seguintes:

Luns - Pera
Martes - Mazá
Mércores - Mandarina
Xoves - Plátano
Venres - Amorodo

Coido que lles gustará, e xa mandarei fotos!!!





domingo, 24 de enero de 2021

Primeiras fotos do leite

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as primeiras fotos que me foron chegando dos alumnos e alumnas tomando leite. Como veredes, son do alumnado de 2º e 3º de ed. primaria. Seguro que para a semana teño máis do resto dos cursos.

Estas xornadas de consumo de leite están sendo todo un éxito, parabens para todos e todas. Ánimo, que ainda quedan os próximos días.