Ola familias, que tal?
Como xa sabedes, este martes, 19 de xaneiro, comezamos co programa do leite, distribuida polo colexio, e facilitada polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) en colaboración coa Xunta de Galicia.
Déixovos aquí o enlace correspondiente:
A continuación, o colexio distribuirá a froita, tamén facilitada polo FOGGA en colaboración coa Xunta de Galicia. Será do 1 ó 12 de febreiro.
Déixovos aquí o enlace correspondiente:
Tamén sabedes que esta ano entramos no PLAN PROXECTA (do cal podedes obter máis información premendo no enlace correspondiente, habilitado a dereita destas entradas no apartado ENLACES)
Esta Plan Proxecta, esta pensado para facer con toda a comunidade educativa, alumnado, profesorado e familias, por iso invitamos a que enviedes fotos e vídeos facendo actividades deportivas xuntos, neste blogue vos propoñemos actividades para poder facer en familia, se visualizades o enlace do Plan Proxecta, vedes cómo podedes interactuar.
Fomentamos os Hábitos de vida activa e saudable, distribuindo esta leite durante dúas semanas e a continuación a froita, durante outras dúas seamanas; promovendo que fagan actividades deportivas, que se movan nos recreos, etc.
Tamén entramos no DAFIS, programa feito en colaboración entre as Consellerías de Educación, Deporte e Sanidade, onde faremos as probas estipuladas por algúns mestres do INEF da Universidade da Coruña, para saber a condición física de base coa que partimos de cada alumno/a e ver a súa evolución o longo dos seus estudios obrigatorios. Estas probas as farán o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Prim., por iso, as familias, facilitóusevos unha folla explicativa e outra co consentimento para formar parte do proxecto.
Déixovos aquí o enlace correspondiente:
Nada máis, espero que vos sirva de aclaración para os que queirades ver esta información.
Saúdos e moitas Gracias.