Este venres, 29-01-21, foi o derradeiro día de tomar o leite facilitado polo FOGGA e promovido pola Xunta de Galicia desta primeira vez, porque alá polo mes de maio, faremos unha segunda quenda de repartir leite, a que xa vos avisaremos.
Ainda así, como sobrou leite, seguiremos ofrecendo os rapaces e rapazas que queiran, que sigan tomando ata acabar existencias.
Como podedes comprobar, a experiencia foi todo un éxito, e todo o alumnado que quiso, puido disfrutar de degustar o rico leite.
Déixovos aquí, as últimas fotos. Ata a próxima...
Como xa vos indiquei nunha entrada anterior, este luns 01-02-21, comezamos co reparto de froita durante outras dúas semanas. A froita que degustaremos será:
Luns - PERA
Martes - MAZÁ
Mércores - MANDARINA
Xoves - PLÁTANO
Venres - AMORODO
Seguro que será un novo éxito.
Teño que dar as gracias a todas e todos as/os mestres, que sen as súas gañas, o seu interesese e saber estar, sería imposible. Por iso,
GRACIAS, MESTRES!!!