martes, 31 de marzo de 2020

Máis actividades deportivas dos compañeiros/as

Ola, que tal? Como ides?

Aquí vos van os fotos e vídeos de compañeiros/as que mandaron últimamente. Como vedes, temos un montón de alumnado que fai exercicio neste periodo de confinamento. Moito ánimo e a seguir...

Queredes ser os protagonistas da próxima entrega??? Xa sabedes que o que tedes que facer, é mandar algunha foto ou vídeo ó e-mail: colexiosanjose@hotmail.com e estar atentos/as ás publicacións no blogue deportivo de centro.

OS/AS PRÓXIMOS PROTAGONISTAS SERÁN...







lunes, 30 de marzo de 2020

"Cupid Shuffle"


Boas tardes! Qué tal?

Xa sabedes que temos un intercambio con rapaces e rapazas do COLEXIO LEWIS DUAL LANGUAGE IMMERSION ELEMENTARY de Wilmington - Delaware. USA, e por iso, mandaron un e-mail de confirmación da chegada das vosas cartas que lle mandamos a principios de marzal; pero como tamén están de confinamento na casa, non as puidiron abrir, pero están moi ilusionados por poder leelas a súa volta. Este intercambio facémolo os rapaces e rapazas de 4º de primaria, dentro da hora de PROXECTO, mandando cartas, vídeos ou incluso vídeo chamadas en directo, cando coinciden os horarios. Este é o terceiro ano e a experiencia está resultando altamente satisfactoria por ámbalas dúas partes e tanto o alumnado de aquí como o alumnado de USA, impáctalles moito algunhas das nosas costumes. É un programa interdisciplinar onde o profe Gonzalo, xunto coa mestra de Inglés, Mª José, fan traballo conxunto para que o que lle mandamos, vaia "correxido" o mellor posible. 

Por iso, mandaron este baile que está tan de moda nos EEUU. Seica é moi doado, por iso volo mando para o que o queira practicar. Envío dos vídeos, un máis sinxelo para o alumnado de Ed. Infantil e de 1º e 2º de primaria e outro un poco máis complexo para o resto do alumnado do colexio.

Este baile chámase "CUPPID SHUFFLE", moi popular nos EEUU. onde todos os escolares o practican. É un baile "line dance", o que quere dicir é que a xente para bailalo, colócase en ringleiras.

Espero que vos guste e que me mandedes vídeos practicándoo.

SAÚDOS e MOITAS APERTAS!!!



Vídeo para o alumnado de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Ed. Primaria:

https://www.youtube.com/watch?v=QfzRP6V5rE4&vl=es


Vídeo para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria:

domingo, 29 de marzo de 2020

Máis fotos e vídeos deportivos!!!

Ola, cómo foi o finde? Puidestes descansar?

Algún/ha dos vosos/as compañeiros/as traballou a reo e mandou aquí o fiel reflexo destas xornadas deportivas sen fatiga.

Encantaríame que seguísedes mandando estos documentos gráficos das vosas rutinas deportivas diarias.

Moito ánimo que xa queda menos. Un forte abrazo para todos/as. Apertas.













viernes, 27 de marzo de 2020

Seguen as rutinas deportivas dos nosos compañeiros/as

Ola, cómo vai?

Aquí incorporo as fotos e vídeos que mandáchedes hoxe. Moitísimas gracias por seguir enviando as vosas rutinas deportivas e espero que o sigades facendo. Encantaríame que se fosen animando os vosos compañeiros/as. ANIMÁDEOS!!!

Apertas a tod@s!!!

 










Xogos con material de reciclaxe I


Boas, Familias. Cómo ides?

Nestes días tan estraños, xogar na casa é difícil, pero cun pouco de axuda dos adultos e unhas pouquiñas ganas, podemos evitar que o noso corpo “oxide” realizando actividades manipulativas e motrices, pasando un bo rato ao tempo que estimulamos o noso corpo e a nosa mente.

O mestre de Ed. Físca, proponvos algúns xogos, aínda que, se empregades un pouco a vosa imaxinación seguro que se vos ocorren moitos máis, e, como é lóxico, os xogos que inventamos nós mesmos, son os mellores do mundo!

CÓMO FACER PELOTAS SUPERDOADAS e RAPIDÍSIMO:

* CON PAPEL DE ALUMINIO: colle un anaco de papel de aluminio, engúrrao e xa está!, xa tes una pelotiña para xogar. Non esquezas que cando non queiras xogar máis tes que depositalo no contedor amarelo para a súa reciclaxe.

* CON PAPEL DE PERIÓDICO: colle unha folla de papel de periódico, engúrraa e a envolves con filme transparente para evitar que se desfaga. Cando deixes de xogar quítalle o filme e deposítao no contedor amarelo e o papel no azul.

* CON PAPEL DE COCIÑA: podes facer o mesmo que co papel de periódico, ou, se o prefires, bota un pouco de pegamento de barra para evitar que se desfaga. Recíclao igual que a bola de papel de periódico.


A XOGAR!

Podes xogar con estas bolas:

* Golpea coa man, cóbado, ombro perna ou pé dereitos.
* Golpea coa man, cóbado, ombro perna ou pé esquerdos.
* Lánzaa ao aire e antes de collela da unha, dúas, tres, catro palmadas ou as que poidas.
* Xoga por parellas coa man como si fora una raqueta. Cantos toques podedes dar sen que caia ao chan? Golpea con calquera parte do corpo, con tal de que non caia.

CÓMO FACER unha RAQUETA

Material: unha culler ou espátula de madeira, un cartón (dos cartóns de leite, por exemplo), celo groso ou cinta de embalar.

Elaboración: recorta o cartón dándolle a forma que queiras: ovalada, circular ou rectangular. Podes decoralo ao teu xeito ou deixalo como está. Pega con celo o cartón á culler de madeira, de xeito que quede firme e non se dobre con facilidade e... a xogar!!!. Non te esquezas, cando deixes de xogar, de separar para reciclar. O celo debes depositalo no contedor onde vai o lixo que non se pode reciclar.


A XOGAR!

Podes xogar con estas raquetas:
* Cunha das pelotas de antes, golpea a raqueta coa man dereita; coa man esquerda; xoga cunha parella ou con tres persoas; golpea mentres camiñas, saltas, camiñas cara atrás, de medio lado; golpea sentado no chan, de xeonllos, agochado...

COMO FACER un STICK de FLOORBALL ou GOLF

Material: un xornal e celo groso.

Elaboración: colle varias follas do xornal e enróscaas en diagonal. Ponlle un anaco de celo groso para que non se abra. Dobra un dos extremos de xeito que forme un ángulo case recto. Ponlle varios anacos de celo groso para que aguante a forma. Xa tes o teu pau feito. Lembra reciclar cando deixes de xogar.


XOGA AO GOLF

Material: stick ou pau feito cun xornal; pelotiña feita con papel de aluminio ou de papel de cociña; vasos de plástico; rotulador permanente; celo ou blue-tac.

Explicación do xogo: elixe unha superficie de xogo (corredor, salón, habitación, patio...); coloca os vasos con celo ou blue-tac no chan, separados uns de outros, e co rotulador permanente marca enriba os puntos que acada o xogador se encaixa a bola dentro do vaso. Marca a distancia de inicio de xogo e..lanza!

Intenta lanzar en diferentes posicións e coa man dereita e a esquerda. Non sempre coa mesma!, tamén en equilibrio cunha perna e logo coa outra.

Podes poñer obstáculos para sortear ou atravesar, como una cadeira, unha banqueta...


Espero que vos guste e ata pronto!!!


Con estas actividades, a parte de facer un pouco de deporte, podedes facer manualidades, sobre todo dirixido ó alumnado de 4º de primaria, cos que eu teño clase de Ed. Artísitica.

PD. Cando voltemos ó cole, "pedireivos" os vosos traballos, ou mellor, podedes mandar unha foto ou vídeo o e-mail colexiosanjose@hotmail.com con eses traballos, para poder colaborar entre todos/as na elaboración do vídeo deportivo.

jueves, 26 de marzo de 2020

Actividades Inclusivas

Ola a tod@s!

Para todos os que necesitedes encher algún tempo ó longo do día, aquí vos van algunhas posibilidades para facer Actividades Inclusivas. 

https://www.concursoescolaronce.es/blog/actividades-inclusivas-para-trabajar-en-tiempo-de-aislamiento/?utm_source=BenchmarkEmail&utm_campaign=ONCE_ACTIVIDAD_MARZO&utm_medium=email


Esta entrada, é dende a páxina do Concurso da ONCE, no que participamos o alumnado do curso de 4º de primaria. Paréceme moi atractivo e sobre todo, hai algunhas películas moi interesantes para tratar diferentes problemáticas dos nosos rapaces/as dende diferentes puntos de vista. Espero que vos guste.

Apertas.

Rutinas deportivas dos nosos compañeiros/as

Ola, cómo o levades?

Xa casi levamos dúas semanas de confinamento. Moito ánimo a tod@s!!!

Como vos pedín, algún/a de vos xa fostes mandando algún vídeo e fotos das actividades deportivas que ides facendo o longo dos días. Aquí vai unha primeira mostra delo.

Invítovos a que sigades facendo o exercicio que podades porque é moi bo, adaptándoo ó espazo que teñades, posto que os que vivides nunha casa con finca, tedes moitas máis posibilidades pero iso non é motivo para os que non a teñamos, de non facer exercicio; e se o compartides con nós, mellor que mellor.

Por favor, avisade os vosos compañeiros/as para que manden alguna cousa deles facendo as súas actividades deportivas. Moitas gracias e seguir disfrutanto destas xornadas como se poida.










 



domingo, 22 de marzo de 2020

Fotos e vídeos

Ola! Que tal? Como o levades?

Xa levamos unha semana e só quedan... tres (según dixo hoxe o Presidente do Goberno). Ánimo!!!

O que estiven pensando estes días, e que seguro que tamén se vos ocorreu a algún de vós, é intentar facer entre tod@s un vídeo con fotos ou vídeos pequenos que se vos vexa facendo algún tipo de actividade física, que vos parece? Penso que podería estar ben se participamos moitos, podedes facer tamén algún debuxo ou frase que se vos ocorra onde se destaque a importancia de facer exercicio físico todos os días. Gustaríavos participar? Sería xenial.

Podedes ir sacando unha foto ou vídeo de algún exercicio físico que fagades diariamente e mandalos ó correo do cole: colexiosanjose@hotmail.com a atención do profe Gonzalo, e así, cando teñamos todas as fotos ou vídeos que enviedes, podemos facer unha recopilación de todo e vémola ao incorporarnos ó cole.
Por este motivo, podedes ir mandando o que consideredes a este correo do colexio durante todo o tempo de confinamento na casa, sendo o derradeiro día, o último día de estar na casa antes da incorporación ás clases, vos parece?

Pois iso e todo, moito ánimo e espero que mandedes moitas fotos e vídeos cos vosos exercicios!!!

Vémonos pronto!!!

miércoles, 18 de marzo de 2020

Para estes días... XADREZ!!!

Bo día! Cómo vai a cousa?

Dende o departamento de Educación Física no día de hoxe, propónsevos unhas sesións de xadrez.

Como xa sabemos tod@s como se moven as pezas, imos facer partidas entre nós ou contra os nosos maiores, partindo destes exemplos, se queredes, claro está.

Podemos comezar xogando TORRES contra TORRES, primerio sen poder comer e gañando o que chegue o lugar de inicio das pezas do compañeiro/a, e logo podendo comer.
Así mesmo, podemos facelo cos ALFILES e CABALOS.

Se aínda temos máis ganas de seguir, podemos facer unha partida de TORRES contra DAMA, ALFILES contra DAMA, ALFILES e CABALOS contra dama, e todas as combinacións que se vos ocorran.

Para outro día, podemos empezar cos PEÓNS, facendo unha partida entre PEÓNS, gañando o que coma tódolos PEÓNS do compañeiro/a ou o primeiro que sexa capaz de "coroar".
Agora, que vos parece unha partida de PEÓNS contra TORRES?, e PEÓNS contra ALFILES?, e PEÓNS contra CABALOS?, e por último, PEÓNS contra DAMA?

Para os seguintes días, que vos parece facer unha partida con tódalas pezas??? ÁNIMO.

Recordade, pensar antes de mover as pezas!!!



Aí vos van uns enlaces de interese e diversión:

Canción para ensinar o movemento das pezas: https://www.youtube.com/watch?v=AHZZ8vLhr4g

Conto: https://www.youtube.com/watch?v=Yyp3l-6J75k


Sitio onde aprender a xogar o xadrez: http://www.123ajedrez.com/    

lunes, 16 de marzo de 2020

Modificacións das recomendacións para estes días

Ola, bo día! Qué tal vai o confinamento?

Aquí vos van algunhas modificacións con respecto as recomendacións do venres. Como pasamos a un estado de alarma, non podemos sair das casas, só podemos sair para comprar comida, ir as farmacias, ir ó medico, pasear as mascotas, etc., por conseguinte o que se recomenda facer son xogos de mesa, actividades de pintar, facer teatro, disfrazarse, e incluso para algún que teña espacio suficiente, facer algúns exercicios analíticos de ed. física (abdominais, lumbares, traballo de pernas, brazos, traballo de core en xeral).

Moito ánimo que acabamos de comenzar!!!

viernes, 13 de marzo de 2020

Recomendacións para estes días

Ola a tod@s, qué tal? Debido ó improviso destes días, dende o departamento de educación física do centro propóñense algunhas actividades para facer ó longo deste tempo. O máis importante de todo é seguir as indicacións das autoridades competentes o respecto (Goberno Central, Goberno Autonómico, Ministerio ou Consellería de Sanidade, etc) e despoís, algo moi importante é seguir o SENTIDO COMÚN.

Despois de pensar nisto, aquí vos van algunhas recomendacións por si vos apetece seguilas, sendo cada un/unha voluntario/a para facelo ou non.

1º - RECORDA: se cerraron os coles non é para montar reunións alternativas!!!

2º - Non é recomendable que os nenos/as visiten parques de bolas, cines, restaurantes, columpios (pode ser un foco de transmisión), nin casas doutros amiguitos.

3º - Sae da casa o imprescindible.

4º - E si necesitamos sair a rúa, pasea por espazos abertos e evita achegarte en exceso a outras persoas mantendo unha distancia entre metro e metro e medio. 

5º - Unha vez na rúa, podes andar en bicicleta, patíns, pasear no campo ou bosque, praia ou calqueira outro espazo aberto. 

6º - Como é tan importante lavar as mans, aquí vai un xogo:
     a) Dille a papi ou mami que pinte un coronavirus no dorso de cada man cada mañá.
    b) Durante o día tes que borrar o debuxo con auga e xabón, ¡cantas máis veces laves as mans, mellor!
      c) Se a noite conseguiches borrar o coronavirus...gañas un punto!. 
     d) Se acumulas 15 puntos nestos 15 días, gañas un premio!!! (canseable por algún destes premios: de postre o que queiras, durmir media hora máis, elexir a comida, etc).

ADOPTEMOS AS MEDIDAS CON SERENIDADE E RESPETO.

domingo, 8 de marzo de 2020

Xornada Intercentros

Este último venres, 6 de marzo, asistimos á primeira xornada intercentros co alumnado de 6º de primaria ó colexio CEIP San Benito de Lérez, onde o pasamos moi ben tanto os nenos e nenas participantes, coma os mestres acompañantes.

Nesta sesión comezamos co deporte do floorball (unha adaptación recreativa do hóckey), onde en equipos de 7 ou 8 compañeiros fomos facendo partidiños en forma de liga, ata conseguir xogar un todos contra todos. A continuación, xogamos ó deporte do kickball (unha adaptación do béisbol, pero pateando a pelota co pé), en equipos de 11 ou 12 compañeiros/as.
Chegado este momento, fixemos unha paradiña para merendar, onde a mestra do CEIP San Benito, Chus, convidounos a froita (mazás, plátanos e mandarinas), que estaban boísimas, puidendo repetir as veces que cada un quixo.
Logo deste refrixerio, continuamos co deporte da pelota canadiense (unha unión do atletismo e o balonmán), por equipos de 11 ou 12 xogadores onde un equipo atacaba e outro defendía de cada vez. Por último, para rematar, fixemos o deporte do datchball (variante do brilé), outra vez en equipos de 11 ou 12 compañeiros. Xogo moi rápido onde todos/as debemos estar moi atentos porque tan rápido quedas eliminado, como ó pouco, volves xogar.

Como podedes ver, son deportes adaptados e acondicionados para que poidamos xogar todos e todas sen ningún problema, porque o obxectivo último é xogar e pasalo moi ben.

Os equipos, fixémolos mixtos tanto de rapaces e rapazas, coma de nenos/as dos dous colexios, fomentando a inclusión e integración de todos os participantes.

A experiencia foi maravillosa quedando todos e todas plenamente satisfeitos e incluso, con ganas de máis.

A próxima xornada de intercentros será a semana do 20 o 24 de abril co alumnado de 5º de primaria, onde faremos estes deportes e incluiremos algún novo, sempre que nos dea tempo.