domingo, 22 de marzo de 2020

Fotos e vídeos

Ola! Que tal? Como o levades?

Xa levamos unha semana e só quedan... tres (según dixo hoxe o Presidente do Goberno). Ánimo!!!

O que estiven pensando estes días, e que seguro que tamén se vos ocorreu a algún de vós, é intentar facer entre tod@s un vídeo con fotos ou vídeos pequenos que se vos vexa facendo algún tipo de actividade física, que vos parece? Penso que podería estar ben se participamos moitos, podedes facer tamén algún debuxo ou frase que se vos ocorra onde se destaque a importancia de facer exercicio físico todos os días. Gustaríavos participar? Sería xenial.

Podedes ir sacando unha foto ou vídeo de algún exercicio físico que fagades diariamente e mandalos ó correo do cole: colexiosanjose@hotmail.com a atención do profe Gonzalo, e así, cando teñamos todas as fotos ou vídeos que enviedes, podemos facer unha recopilación de todo e vémola ao incorporarnos ó cole.
Por este motivo, podedes ir mandando o que consideredes a este correo do colexio durante todo o tempo de confinamento na casa, sendo o derradeiro día, o último día de estar na casa antes da incorporación ás clases, vos parece?

Pois iso e todo, moito ánimo e espero que mandedes moitas fotos e vídeos cos vosos exercicios!!!

Vémonos pronto!!!