jueves, 30 de noviembre de 2023

Sesións de Loita

O pasado 15 de novembro, o noso alumnado das clases de 5º e 3º de ed. primaria, puideron levar a cabo a sesión de loita que lles serve de preparación para cando fagamos as Xornadas Intercentros "Xogaloita" dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Como vos comentara na entrada anterior, tivemos a grandísima sorte de que puideron vir a levala, Lydia Pérez, loitadora da selección española e actualmente medalla de ouro dos Xogos do Mediteráneo de loita praia e posible atleta participante nos Xogos Olímpicos de Paris 2024 e Saúl Bello, loitador da selección española e actual medalla de prata dos Campionatos de España Universitarios.

Foi unha xornada onde puidemos practicar e preparar os exercicios e xogos que faremos cando teñamos o Xogaloita.

O pasamos moi ben e aprendimos moitas cousas.

Teño que darlles as gracias a estes dous grandísimos loitadores por compartir esta xornada con nós e por involucrarse tanto nas ensinanzas aos nosos cativos.








Sesións natación na Piscina Rías do Sur

Como vos comentaramos cando vos pedimos a vosa autorización para facer a actividade de natación, o noso alumnado de 4 e 5 anos o día 16 de novembro e o alumnado de 1º e 2º de ed. primaria o día 22 de novembro fixeron a sesión de Iniciación a Natación, contando coa inestimable colaboración do Clube Galaico Sincro, con Pepe a cabeza e con Chus e Diana como fantásticas adestradoras e socorristas.

Foron duas sesións fantásticas onde o noso alumnado participou activamente, querendo facer máis e máis tareas propostas polas nosas increibles adestradoras.

Foi marabilloso e de seguro que os vosos fillos e fillas vos falaron moi ben do que fixeron nestas xornadas.

Como ven sendo habitual, o alumnado do Colexio San José que esté interesado en formar parte deste clube, simplemente ten que dicirmo e vos poño en contacto, podendo facer varias sesións gratuitamente.

Teño que darlles as gracias aos integrantes do Clube Galaico Sincro por que nos deisaxe facer estas impresionantes sesións.

Aquí vos deixo a mostra e como vedes, saimos incluso na prensa...

                                                         











Como fumos dous cursos, mentres uns estaban na piscina, o outro facía traballo no ximnasio!!!

martes, 28 de noviembre de 2023

Trompos

Aproveitando o San Martiño, seguimos practicando o lanzamento e trucos cos TROMPOS. Déixovos aquí unha mostra.










viernes, 24 de noviembre de 2023

8º fotos vosas

Ola, aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron. Seguides enviando actividades deportivas super motivantes. Anímovos a que me sigades mandando máis fotos vosas ao correo educacionfisica@cprsanjose.es










martes, 21 de noviembre de 2023

Sesións de Loita Olímpica

As sesións de Loita Olímpica que fixemos o mércores 15 de novembro cos cursos de 5º e 3º de ed. primaria foron todo un éxito e toda a rapazada pasouno estupendamente. 

Practicamos uns exercicios de iniciación a loita, como foron: quedarse co balón por parellas, arrincar o "rabo" aos demáis, dar a volta a "tortilla"e o xogatira no que o noso alumnado puxo o seu maior empeño en "derrotar" aos demáis.

Teño que darlle as gracias a Federación Galega de Loita, en representación do Clube Loita Pontevedra coa loitadora Lydia Pérez e ao Clube San Ignacio co loitador Saúl Bello por vir a promocionar o seu deporte no noso centro e poder prácticar cara o Xogaloita, programa dentro do XOGADE e avalado polo Servicio de deportes da Xunta de Galicia.





viernes, 17 de noviembre de 2023

Xornada Intercentros co alumnado de 4º Ed. Primaria

O próximo martes, 21 de novembro, levaremos a cabo a segunda das xornadas intercentros promovidas por determinados colexios de Pontevedra e baixo o amparo do Servicio de Deportes da Xunta dentro do Programa XOGADE.

O noso alumnado de 4º de Ed. Primaria recibirá ao alumnado do Colexio Santo André de Xeve dende as 10:00 ata as 13:00 horas onde realizaremos diferentes actividades deportivas como: Floorball, Pelota Canadiense, Kickball e Bádminton.

Para ese día teñen que vir co chándal e camiseta do colexio e unha mochila cunha botella de auga e a súa merenda.

De seguro que sae unha sesión estupenda e a parte de practicar deporte, pasamos unha xornada de convivencia con nenxs da súa mesma idade doutro centro escolar. 

viernes, 10 de noviembre de 2023

Sesións de Loita Olímpica

O próximo mércores, 15 de novembro, o noso alumnado dos cursos de 5º e 3º de Ed. Primaria farán unha sesión de Loita Olímpica preparatoria para a gran xornada final que faremos cando o Servicio de Deportes nolo autorice.

Nesta sesión, implementada pola Loitadora Lydia Pérez, faremos unha iniciación ao seu deporte e o practicaremos entre nós, para que saibamos unhas nocións básicas para esa Xornada final que facía mención anteriormente.

7º fotos vosas

Aquí vos deixo o último que me chegou das actividades deportivas que facedes fóra do horario escolar. Anímovos a que me sigades mandando fotos ou vídeos vosos practicando un montón de disciplinas deportivas distintas, xa que este blogue o formamos entre todxs!!!












Podedes enviar as vosas fotas a educacionfisica@cprsanjose.es

viernes, 3 de noviembre de 2023

Actividade de Bádminton

Nota para o alumnado de 4º de Ed. Primaria:

O próximo 21 de novembro, o alumnado de 4º de Ed. Primaria fará a súa Xornada Intercentros co alumnado do Colexio Santo André de Xeve para o cal levamos varias sesións preparando as actividades deportivas a realizar. Agora toca prepararnos para o deporte do bádminton, polo cal, a partir do próximo martes 7 de novembro e ata ese día 21 de novembro, cada alumnx da clase de 4º teñen que traer a súa raqueta e unha pluma de bádminton para poder levar a cabo as sesións de Ed. Física.

Unha vez pasada esta xornada, xa poden deixar a súa raqueta na casa, ata novo aviso.

Moitas gracias. 

Xornada Intercentros alumnado 6º Ed. Primaria

O próximo mércores, 8 de novembro, levaremos a cabo a primeira das xornadas intercentros promovidas por determinados colexios de Pontevedra e baixo o amparo do Servicio de Deportes da Xunta dentro do Programa XOGADE.

O noso alumnado de 6º de Ed. Primaria visitará o alumnado do Colexio Isidora Riestra de Poio dende as 10:00 ata as 13:00 horas onde realizaremos diferentes actividades deportivas como: Floorball, Pelota Canadiense, Kickball e Volei.

Para ese día teñen que vir co chándal e camiseta do colexio e unha mochila cunha botella de auga e a súa merenda.

De seguro que sae unha sesión redonda e a parte de practicar deporte, pasamos unha xornada de convivencia con nenxs da súa mesma idade doutro centro escolar. 

6º fotos vosas

Ola, como ides?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de compañeiros e compañeiras vosos. Como vedes, segue habendo un pouco de todo e de seguro que tedes moitas actividades deportivas "secretas" por ahí que espero, mas mandedes a educacionfisica@cprsanjose.es para que as poida publicar neste blogue. Anímovos!!!