As sesións de Loita Olímpica que fixemos o mércores 15 de novembro cos cursos de 5º e 3º de ed. primaria foron todo un éxito e toda a rapazada pasouno estupendamente.
Practicamos uns exercicios de iniciación a loita, como foron: quedarse co balón por parellas, arrincar o "rabo" aos demáis, dar a volta a "tortilla"e o xogatira no que o noso alumnado puxo o seu maior empeño en "derrotar" aos demáis.
Teño que darlle as gracias a Federación Galega de Loita, en representación do Clube Loita Pontevedra coa loitadora Lydia Pérez e ao Clube San Ignacio co loitador Saúl Bello por vir a promocionar o seu deporte no noso centro e poder prácticar cara o Xogaloita, programa dentro do XOGADE e avalado polo Servicio de deportes da Xunta de Galicia.