jueves, 30 de noviembre de 2023

Sesións natación na Piscina Rías do Sur

Como vos comentaramos cando vos pedimos a vosa autorización para facer a actividade de natación, o noso alumnado de 4 e 5 anos o día 16 de novembro e o alumnado de 1º e 2º de ed. primaria o día 22 de novembro fixeron a sesión de Iniciación a Natación, contando coa inestimable colaboración do Clube Galaico Sincro, con Pepe a cabeza e con Chus e Diana como fantásticas adestradoras e socorristas.

Foron duas sesións fantásticas onde o noso alumnado participou activamente, querendo facer máis e máis tareas propostas polas nosas increibles adestradoras.

Foi marabilloso e de seguro que os vosos fillos e fillas vos falaron moi ben do que fixeron nestas xornadas.

Como ven sendo habitual, o alumnado do Colexio San José que esté interesado en formar parte deste clube, simplemente ten que dicirmo e vos poño en contacto, podendo facer varias sesións gratuitamente.

Teño que darlles as gracias aos integrantes do Clube Galaico Sincro por que nos deisaxe facer estas impresionantes sesións.

Aquí vos deixo a mostra e como vedes, saimos incluso na prensa...

                                                         











Como fumos dous cursos, mentres uns estaban na piscina, o outro facía traballo no ximnasio!!!