O pasado 15 de novembro, o noso alumnado das clases de 5º e 3º de ed. primaria, puideron levar a cabo a sesión de loita que lles serve de preparación para cando fagamos as Xornadas Intercentros "Xogaloita" dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.
Como vos comentara na entrada anterior, tivemos a grandísima sorte de que puideron vir a levala, Lydia Pérez, loitadora da selección española e actualmente medalla de ouro dos Xogos do Mediteráneo de loita praia e posible atleta participante nos Xogos Olímpicos de Paris 2024 e Saúl Bello, loitador da selección española e actual medalla de prata dos Campionatos de España Universitarios.
Foi unha xornada onde puidemos practicar e preparar os exercicios e xogos que faremos cando teñamos o Xogaloita.
O pasamos moi ben e aprendimos moitas cousas.
Teño que darlles as gracias a estes dous grandísimos loitadores por compartir esta xornada con nós e por involucrarse tanto nas ensinanzas aos nosos cativos.