O próximo martes, 21 de novembro, levaremos a cabo a segunda das xornadas intercentros promovidas por determinados colexios de Pontevedra e baixo o amparo do Servicio de Deportes da Xunta dentro do Programa XOGADE.
O noso alumnado de 4º de Ed. Primaria recibirá ao alumnado do Colexio Santo André de Xeve dende as 10:00 ata as 13:00 horas onde realizaremos diferentes actividades deportivas como: Floorball, Pelota Canadiense, Kickball e Bádminton.
Para ese día teñen que vir co chándal e camiseta do colexio e unha mochila cunha botella de auga e a súa merenda.
De seguro que sae unha sesión estupenda e a parte de practicar deporte, pasamos unha xornada de convivencia con nenxs da súa mesma idade doutro centro escolar.