O próximo mércores, 15 de novembro, o noso alumnado dos cursos de 5º e 3º de Ed. Primaria farán unha sesión de Loita Olímpica preparatoria para a gran xornada final que faremos cando o Servicio de Deportes nolo autorice.
Nesta sesión, implementada pola Loitadora Lydia Pérez, faremos unha iniciación ao seu deporte e o practicaremos entre nós, para que saibamos unhas nocións básicas para esa Xornada final que facía mención anteriormente.