O próximo mércores, 8 de novembro, levaremos a cabo a primeira das xornadas intercentros promovidas por determinados colexios de Pontevedra e baixo o amparo do Servicio de Deportes da Xunta dentro do Programa XOGADE.
O noso alumnado de 6º de Ed. Primaria visitará o alumnado do Colexio Isidora Riestra de Poio dende as 10:00 ata as 13:00 horas onde realizaremos diferentes actividades deportivas como: Floorball, Pelota Canadiense, Kickball e Volei.
Para ese día teñen que vir co chándal e camiseta do colexio e unha mochila cunha botella de auga e a súa merenda.
De seguro que sae unha sesión redonda e a parte de practicar deporte, pasamos unha xornada de convivencia con nenxs da súa mesma idade doutro centro escolar.