lunes, 26 de febrero de 2024

Xornada Intercentros todo o Alumnado de 5º de primaria de todos os centros implicados

 Ola, que tal?

Como vos dixera fai unha semana, o mércores pasado, tivemos a Xornada Intercentros promovida por ADESPONT dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia na que participaron 252 rapaces e rapazas de 9 colexios da contorna de Pontevedra. 

Foi todo un luxo poder realizala, xa que interviñeron a Federación Galega de Loita, na persoa de Rubén, adestrador nacional; a Escola de Danza Tita Novas, nas persoas de Nana e Inés, adestradoras de dita Escola, a Escola de Enfermería de Pontevedra, nas persoas de Martín e Felipe, mestres da Escola e a 8 alumnxs "enfermeirxs" que practicaron o RCP, Manobra de Heimlich e Desa co noso alumando; o equipo ciclista Supermercados Froiz, na persoa de Ana, directora do equipo de cliclocros e dun corredor do equipo de ruta que lle ensinaron todo o que empregan nunha carreira e o alumnado do Ciclo Superior TSEAS e o seu mestre Anxo que estiveron acompañando ao noso alumnado nos diferentes equipos que fixemos, a parte de levar a cabo o Xogo de Orientación e dos Xogos Tradicionais.

Foi todo un éxito e tanto a rapazada coma os mestres, quedamos encantados e con moitísimas gañas de repetir... 





domingo, 25 de febrero de 2024

Sesións Xadrez e Esgrima 3º ed. primaria.

Como vos comentara, esta semana pasada, o noso alumnado de 3º de ed. primaria, tivo as sesións de preparación dos deportes de Xadrez e Esgrima. Teño que agradecer a Miguel, adestrador do Clube Ajedrez Pontevedra pola súa implicación par recordar e ensinar novos movementos ao noso alumnado. Por outra banda, teño que dicir o mesmo de Adrián, alma máter e adestrador da Escola Hungaresa de Esgrima

Nas dúas actividades os rapaces e rapazas o pasaron xenial, quedando con gañas de máis e de seguro que queren repetir; polo que os que queirades "probar" estas dúas disciplinas deportivas, podedes poñervos en contacto comigo, mestre de Ed. Física do Centro e vos informo o que debedes facer.

Xa volo indicara anteriormente, pero estas dúas sesións, sérvenos para preparar a Xornada Intercentros que teremos con nenos e nenas de outros nove colexios da contorna a celebrar o vindeiro 19 de marzo no pavillón municipal de 10:00 a 13:00 horas.

Déixovos as fotos correspondentes:




















viernes, 23 de febrero de 2024

15ª Fotos Vosas

Ola, ola, como imos?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de vos, facendo máis actividades deportivas. É estupendo que fagades tanto deporte e tan variado, felicidades!!!

Xa sabedes, que podedes enviar todas as fotos e quequenos vídeos que queirades para que sexades vos os "protagonistas"

Debedes envialas a educacionfisica@cprsanjose.es




viernes, 16 de febrero de 2024

Presentación Equipo Ciclista Superfroiz

Ola, que tal?

Como vos comentara anteriormente, no día de hoxe o noso alumnado foi a presentación do equipo ciclista Superfroiz na Avda. Montero Ríos. 

Foi unha verdadeira pasada poder compartir esta xornada con elas e eles, ciclistas moi xóvenes  que participan cun equipo semiprofesional en diferentes probas ciclistas por toda a Península Ibérica; acompañados polos representantes políticos do Concello, da Deputación e da Xunta de Galicia. Tamén puidemos contar coa presencia de Álvaro Pino, grandísimo ciclista galego, gañador da Volta Ciclista a España entre outros galardóns e de Óscar Pereiro, outro grande ciclista galego gañador do Tour de Francia.

Un verdadeiro luxo poder fotografiarnos con eles, polo cal doulles as máis sinceiras gracias.

Teño que agradecer tamén, a directora do equipo ciclista Froiz de ciclocrós, Ana Portela, exalumna do San José, polo seu interese en que estivésemos nesta presentación.

Preguntádelle aos vosos fillxs...

                Noticia Pontevedraviva














viernes, 9 de febrero de 2024

Próximas actividades deportivas...

Ola, como imos?

Aquí vos indico as próximas xornadas deportivas que teremos no que queda de mes.

O venres, 16 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de ed. infantil e de 1º e 2º de ed. primaria, irán a presentación do Equipo Ciclista SuperFroiz na Avda. Montero Ríos. Veremos en directo unha "chegada a meta" dun equipo profesional de ciclismo e compartiremos cos seus ciclistas unha xornada moi interesante, podendo preguntarlle todo o que as nosas cabeciñas imaxinen...

O martes, 20 de febreiro, o alumnado de 3º de ed. primaria, terá a sesión de XADREZ correspondente e este mesmo alumnado, o xoves, 22, terá a iniciación ao deporte da ESGRIMA que sevirán de preparación para a gran Xornada Intercentros do Programa XOGADE que realizaremos o 19 de marzo.

O mércores, 21, teremos a Gran Xornada Intercentros co alumnado de 5º de ed. primaria onde nos xuntaremos 252 alumnxs de 9 colexios que integramos ADESPONT na Avda. Montero Ríos, Palmeiras e Alameda e faremos divididos en 5 grupos e de forma rotativa os seguintes deportes/actividades: LOITA DEPORTIVA, BAILE MODERNO, ORIENTACIÓN, RCP e DESA e XOGOS TRADICIONAIS.

O martes, 27, o alumnado de 4º de ed. primaria, terá a xornada de ATLETISMO en PISTA nas instalacións do CGTD onde participamos con 4 colexios máis nas seguintes modalidades: 60 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, 500 metros lisos, lanzamento de vórtex e remudas de 60 metros.

14ª fotos vosas

Ola, ola, que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de compañeiros vosos facendo actividades deportivas fora do horario escolar. Xa sabedes que podedes enviar todas as fotos ou pequenos videos de vos, facendo deporte e eu publicareinas o antes posible.

Debedes envialas a educacionfisica@cprsanjose.es