Ola, que tal?
Como vos comentara anteriormente, no día de hoxe o noso alumnado foi a presentación do equipo ciclista Superfroiz na Avda. Montero Ríos.
Foi unha verdadeira pasada poder compartir esta xornada con elas e eles, ciclistas moi xóvenes que participan cun equipo semiprofesional en diferentes probas ciclistas por toda a Península Ibérica; acompañados polos representantes políticos do Concello, da Deputación e da Xunta de Galicia. Tamén puidemos contar coa presencia de Álvaro Pino, grandísimo ciclista galego, gañador da Volta Ciclista a España entre outros galardóns e de Óscar Pereiro, outro grande ciclista galego gañador do Tour de Francia.
Un verdadeiro luxo poder fotografiarnos con eles, polo cal doulles as máis sinceiras gracias.
Teño que agradecer tamén, a directora do equipo ciclista Froiz de ciclocrós, Ana Portela, exalumna do San José, polo seu interese en que estivésemos nesta presentación.
Preguntádelle aos vosos fillxs...
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)