Como vos comentara, esta semana pasada, o noso alumnado de 3º de ed. primaria, tivo as sesións de preparación dos deportes de Xadrez e Esgrima. Teño que agradecer a Miguel, adestrador do Clube Ajedrez Pontevedra pola súa implicación par recordar e ensinar novos movementos ao noso alumnado. Por outra banda, teño que dicir o mesmo de Adrián, alma máter e adestrador da Escola Hungaresa de Esgrima.
Nas dúas actividades os rapaces e rapazas o pasaron xenial, quedando con gañas de máis e de seguro que queren repetir; polo que os que queirades "probar" estas dúas disciplinas deportivas, podedes poñervos en contacto comigo, mestre de Ed. Física do Centro e vos informo o que debedes facer.
Xa volo indicara anteriormente, pero estas dúas sesións, sérvenos para preparar a Xornada Intercentros que teremos con nenos e nenas de outros nove colexios da contorna a celebrar o vindeiro 19 de marzo no pavillón municipal de 10:00 a 13:00 horas.
Déixovos as fotos correspondentes: