Ola, como imos?
Aquí vos indico as próximas xornadas deportivas que teremos no que queda de mes.
O venres, 16 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de ed. infantil e de 1º e 2º de ed. primaria, irán a presentación do Equipo Ciclista SuperFroiz na Avda. Montero Ríos. Veremos en directo unha "chegada a meta" dun equipo profesional de ciclismo e compartiremos cos seus ciclistas unha xornada moi interesante, podendo preguntarlle todo o que as nosas cabeciñas imaxinen...
O martes, 20 de febreiro, o alumnado de 3º de ed. primaria, terá a sesión de XADREZ correspondente e este mesmo alumnado, o xoves, 22, terá a iniciación ao deporte da ESGRIMA que sevirán de preparación para a gran Xornada Intercentros do Programa XOGADE que realizaremos o 19 de marzo.
O mércores, 21, teremos a Gran Xornada Intercentros co alumnado de 5º de ed. primaria onde nos xuntaremos 252 alumnxs de 9 colexios que integramos ADESPONT na Avda. Montero Ríos, Palmeiras e Alameda e faremos divididos en 5 grupos e de forma rotativa os seguintes deportes/actividades: LOITA DEPORTIVA, BAILE MODERNO, ORIENTACIÓN, RCP e DESA e XOGOS TRADICIONAIS.
O martes, 27, o alumnado de 4º de ed. primaria, terá a xornada de ATLETISMO en PISTA nas instalacións do CGTD onde participamos con 4 colexios máis nas seguintes modalidades: 60 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, 500 metros lisos, lanzamento de vórtex e remudas de 60 metros.