Boas, Familias. Cómo ides?
Nestes días tan estraños, xogar na
casa é difícil, pero cun pouco de axuda dos adultos e unhas pouquiñas ganas,
podemos evitar que o noso corpo “oxide” realizando actividades manipulativas e
motrices, pasando un bo rato ao tempo que estimulamos o noso corpo e a nosa
mente.
O mestre de Ed. Físca, proponvos algúns xogos, aínda
que, se empregades un pouco a vosa imaxinación seguro que se vos ocorren moitos
máis, e, como é lóxico, os xogos que inventamos nós mesmos, son os mellores do
mundo!
CÓMO FACER PELOTAS SUPERDOADAS e RAPIDÍSIMO:
* CON PAPEL DE ALUMINIO: colle un anaco de papel de aluminio, engúrrao e xa está!, xa tes una
pelotiña para xogar. Non esquezas que cando non queiras xogar máis tes que
depositalo no contedor amarelo para a súa reciclaxe.
* CON PAPEL DE PERIÓDICO: colle unha folla de papel de periódico, engúrraa e a envolves con filme
transparente para evitar que se desfaga. Cando deixes de xogar quítalle o filme
e deposítao no contedor amarelo e o papel no azul.
* CON PAPEL DE COCIÑA: podes facer o mesmo que co papel de periódico, ou, se o prefires, bota
un pouco de pegamento de barra para evitar que se desfaga. Recíclao igual que a
bola de papel de periódico.
A XOGAR!
Podes xogar con
estas bolas:
* Golpea coa man,
cóbado, ombro perna ou pé dereitos.
* Golpea coa man,
cóbado, ombro perna ou pé esquerdos.
* Lánzaa ao aire e
antes de collela da unha, dúas, tres, catro palmadas ou as que poidas.
* Xoga por parellas
coa man como si fora una raqueta. Cantos toques podedes dar sen que caia ao
chan? Golpea con calquera parte do corpo, con tal de que non caia.
CÓMO FACER unha RAQUETA
Material: unha culler
ou espátula de madeira, un cartón (dos cartóns de leite, por exemplo), celo
groso ou cinta de embalar.
Elaboración: recorta
o cartón dándolle a forma que queiras: ovalada, circular ou rectangular. Podes
decoralo ao teu xeito ou deixalo como está. Pega con celo o cartón á culler de
madeira, de xeito que quede firme e non se dobre con facilidade e... a xogar!!!.
Non te esquezas, cando deixes de xogar, de separar para reciclar. O celo debes
depositalo no contedor onde vai o lixo que non se pode reciclar.
A XOGAR!
Podes xogar con
estas raquetas:
* Cunha das pelotas
de antes, golpea a raqueta coa man dereita; coa man esquerda; xoga cunha
parella ou con tres persoas; golpea mentres camiñas, saltas, camiñas cara
atrás, de medio lado; golpea sentado no chan, de xeonllos, agochado...
COMO FACER un STICK de FLOORBALL ou GOLF
Material: un xornal
e celo groso.
Elaboración: colle
varias follas do xornal e enróscaas en diagonal. Ponlle un anaco de celo groso
para que non se abra. Dobra un dos extremos de xeito que forme un ángulo case
recto. Ponlle varios anacos de celo groso para que aguante a forma. Xa tes o
teu pau feito. Lembra reciclar cando deixes de xogar.
XOGA AO GOLF
Material: stick ou
pau feito cun xornal; pelotiña feita con papel de aluminio ou de papel de
cociña; vasos de plástico; rotulador permanente; celo ou blue-tac.
Explicación do xogo:
elixe unha superficie de xogo (corredor, salón, habitación, patio...); coloca
os vasos con celo ou blue-tac no chan, separados uns de outros, e co rotulador
permanente marca enriba os puntos que acada o xogador se encaixa a bola dentro
do vaso. Marca a distancia de inicio de xogo e..lanza!
Intenta lanzar en
diferentes posicións e coa man dereita e a esquerda. Non sempre coa mesma!,
tamén en equilibrio cunha perna e logo coa outra.
Podes poñer
obstáculos para sortear ou atravesar, como una cadeira, unha banqueta...
Espero que vos guste e ata pronto!!!
Con estas actividades, a parte de facer un pouco de deporte, podedes facer manualidades, sobre todo dirixido ó alumnado de 4º de primaria, cos que eu teño clase de Ed. Artísitica.
PD. Cando voltemos ó cole, "pedireivos" os vosos traballos, ou mellor, podedes mandar unha foto ou vídeo o e-mail colexiosanjose@hotmail.com con eses traballos, para poder colaborar entre todos/as na elaboración do vídeo deportivo.