Como vos comentara, onte tivemos a xornada de Cros, dentro do Programa XOGADE, co alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria do centro.
Pasámolo moi ben e puidemos disfrutar dunha mañá chea de deporte.
Como lle indiquei a rapazada, o importante era non facerse dano, despois disfrutar ao máximo e por último, axudar aos demáis por si o necesitaban; quedando os resultados nun segundo plano.
Todos os participantes o fixeron xenial e foron uns campións pero teño que destacar a labor destes tres alumnxs que conseguiron chegar de 3º (Adrián en alevín masculino), 4º (Adrián en benxamín masculino) e 7º (Elsa en benxamín feminino) da súa proba respectivamente.
Cando me cheguen os resultados finais de todxs, indicareillo aos protagonistas.