Este luns, 04-04-2022, fixemos a actividade de atletismo en pista co noso alumnado de 5º de educación primaria contando coa colaboración de Joao, atleta e adestrador da Sociedade Gimnástica de Pontevedra.
É unha actividade complementaria da que fixeramos o martes (01-02-2022) na que competimos contra outros rapaces e rapazas doutros colexios, e nesta xornada, fixemos as mesmas probas deportivas pero entre nos, e o día resultou expectacular porque a parte de facer deporte, probar outras disciplinas deportivas, fomentamos a convivencia en grupo fóra do "proteccionismo" da aula.
Para mostra, deixo aquí as fotos: