Ola, como imos?
Ao alumnado de 6º de ed. primaria xa lle comentei o mércores pasado as actividades deportivas que iamos facer esta semana pero volas deixo aquí por si lle queredes botar unha ollada.
Este luns, 8 de maio, imos facer a actividade de Natación e Salvamento Acuático na piscina de Campolongo co cal, teñen que levar unha mochila cunha muda para cambiarse, unha toalla, chanclas e gorro de piscina. As gafas de piscina é optativo.O bañador, teñen que levalo posto por debaixo da camiseta e do chándal do colexio.
Esta sesión está dentro do programa do XOGADE da Xunta de Galicia.
O mércores, 10 de maio, temos a actividade de Ed. Vial organizada polo Concello de Pontevedra dentro da formación viaria impartida pola Policía Local do Concello. Polo cal, cada alumno/a ten que traer unha bicicleta e o seu casco, se queren facer a actividade. Para a rapazada que non poida traer a súa bicicleta, facilítolles eu unha, polo cal lles preguntei aos que non a podían traer e xa me respostaron. Desta forma completamos a formación sobre Ed. Vial que comezamos alá polo mes de decembro. Faremos unha primeira parte da sesión sendo peóns e a segunda parte seremos "conductores" de bicicletas. En todo momento imos acompañados por efectivos da Policía Local e os mestres.
O alumnado de 5º de ed. primaria, terá o mércores, 10 de maio a actividade de Voleibol levada polo Clube Voleibol Pontevedra dentro do programa de XOGADE da Xunta de Galicia e serviranos para preparar a xornada que imos facer cos outros rapaces e rapazas de 5º curso dos demáis colexios pertencentes a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT).
O alumnado de 1º e 2º de ed. primaria, terá o vindeiro venres, 12 de maio, unha sesión de iniciación o deporte da Esgrima, impartido pola Escola Hungaresa de Esgrima dentro das actividades promovidas por ADESPONT, entidade promocionada polo Servicio de Deportes da Xunta de Galicia.
Penso que sairán moi ben e serán todo un éxito todas estas actividades deportivas.
Xa publicarei as fotos correspondentes...
Bo fin de semana!!!
Ah!!! Este luns tamén comezamos coa 2º promoción de froitas promovida pola Xunta de Galicia dentro do programa de Froitas e Leite nas Escolas.
Durante as dúas próximas semanas, o alumnado e profesorado, teremos unha peza de froita para tomar na hora da merenda. De seguro que a resposta de todos/as é excepcional, coma sempre.