Comezamos a sesión indo camiñando ata as instalacións do clube colaborador, a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, unha vez chegado, deixamos as mochilas e nos ensinaron as súas instalacións, as diferentes embarcacións e palas que teñen e unha pequena explicación do que facían e de como se emprega ese material.
Logo, puxemos os chalecos e collimos as palas, e comezamos a calentar, distribuindo en terra onde se ía colocar cada rapaz na embarcación, o lado esquerdo ou no dereito. A continuación, subimos o barco e xa comezamos a remar. Neste intre, cada un remou como puido pero logo das explicacións e a atención da rapazada, puidemos avanzar con máis soltura.
Teño que darlles as máis sinceiras gracias a Cristina, Miki e Jose María, pola súa antención para con nós e o seu bo facer co que conseguimos ir remando ata o ponte peatonal casi chegando a praia fluvial.
Os rapaces quedaron encantados, gustoulle moito a experiencia e seguro que quedaron un pouco cansos polo que durmirán estupendamente.
Como sempre, dende o clube vos convidan a probar indo con eles a entrenar durante uns días e logo decidides si seguir ou non (que de seguro que continuades porque é moi vicioso). Ánimo!!!