Como xa vos comentara anteriormente, este mércores viu cargado de actividades para o alumnado de 5º e 6º de ed. primaria.
Os primeiros, fixeron a sesión preparatoria de volei impartida maxistralmente polas entrenadoras das escolas deportivas e tamén xogadoras do equipo senior do Clube Voleibol Pontevedra, Carolina Dantas e Yasia Donislea. Foi todo un luxo poder contar con elas para que impartiran esta sesión, dando unhas leccións moi proveitosas para o noso alumnado. Tamén lle teño que dar as gracias a Patricia, "alma máter" deste equipo de volei da cidade.
Sérvenos para coñecer un deporte tan bonito coma o volei e para preparar a xornada que faremos o vindeiro 5 de xuño onde nos xuntaremos os rapaces e rapazas de 5º curso dos cinco colexios pertencentes a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) e practicaremos cinco deportes diferentes, onde destaca o volei coma un deles.
A rapazada de 6º de ed. primaria, fixo a segunda sesión, a práctica de Ed. Vial, impartida fenomenalmente por o axente da Policía Local de Pontevedra, Luis Maya. Nesta sesión puxemos en práctica todo o aprendido na primeira sesión e coma fomos en bicicleta, tamén practicamos deporte.
Teño que darlles as gracias tanto o alumnado coma aos seus pais e nais, por traer as bicicletas e cascos e poder facer esta interesante xornada.
Estas dúas actividades foron todo un éxito e de seguro que dende a materia de Ed. Física, seguimos potenciando o deporte base a practicar polos nenos e nenas dentro do horario lectivo.