Ola, que tal?
Aquí vos deixo as actividades deportivas que imos realizar a semana que ben para que teñades unha pequena idea.
O luns, 29 de maio, o alumnado de 5º de ed. primaria terá a sorte de poder facer unha sesión de BAILE DEPORTIVO co afamado bailarín pontevedrés Adrián Esperón, moitas veces campión de España e participante representando ao noso pais en europeos e mundiais deste tan difícil deporte. Servirannos para preparar a xornada intercentros que imos realizar o 5 de xuño nas instalacións do pavillón multiusos da Xunqueira.
O martes, 30 de maio, o alumnado de 1º e 2º de ed. primaria, que vos os pais e nais o autoricedes, van facer unha iniciación a NATACIÓN ARTÍSTICA, contando coa colaboración do Clube Galaico Sincro. Teñen que vir co bañador posto, por riba o chándal e camiseta do colexio e nunha mochila, unha muda para cambiarse, chanclas, gafas de bucear, gorro de piscina e toalla para secarse.
O mércores, 31 de maio, o alumnado de 5º de ed. primaria fará a segunda xornada de DRAGÓNS, onde visitaremos as instalacións do Clube Cidade de Pontevedra de Piragüismo e subiremos a embarcación para entre todos e todas, mover a embarcación e desplazarnos o máis rápido e mellor posible. Servirannos para practicar o máximo posible e preparar a xornada intercentros que imos facer na praia fluvial de Pontevedra o 14 de xuño.
O alumnado terá que vir co chándal e camiseta do colexio e unha mochila con unha toalla, outro chándal do colexio ou uniforme por si mollamos o posto, unha muda de roupa interior máis calcetíns e uns tenis de reposto. Se o día está un pouco con chuvia, recomendo un chuvasqueiro e se está soleado, crema de protección solar e viseira.