Ola, como vos comentara, o alumnado de 5º de ed. primaria tivo a sorte de contar na xornada de hoxe, na asignatura de Ed. Física, dunha sesión de Baile Deportivo impartida maxistralmente por Adrían Esperón e Noemi Abal, almas máter da Escola de Baile PonteBaile.
Estivo xenial e a rapazada puido comprobar de primeira man, a dificultade de coordinar os movementos coa súa parella a cos demáis.
Dende PonteBaile, vos invitan a ir pola súa Escola e probar algunha sesión. Así que vos animo a que vaiades por alí e faledes con eles...
Mostra do que fixemos: