Hoxe, martes 10 de decembro, o alumnado das clases de 6º de Ed. Infantil, 1º, 2º e 4º de Ed. Primaria tiveron a súa sesión de RCP-DESA impartidas polo alumnado da Escola de Enfermería de Pontevedra da Universidade de Vigo.
Como o luns pasado, foi todo un éxito de sesións polo cal estoulles plenamente agradecido a este alumnado como ao seu profesorado que viñeran e compartiran con nós esta interesantísima mañá.
Aprendemos dende como detectar unha emerxencia, chamar ao 112, e facer as primeiras actuacións de RCP, empregar o DESA e colocar o accidentado en posición laterial de seguridade. Tamén aprendemos a facer a maniobra de Heimlich, empregada para desatascar as vías aéreas.
Reportaxe fotográfico: