Onte, tivemos unha xornada na que duas clases, tiveron algunha actividade deportiva. Estas son:
As clases de 3º e 4º de ed. primaria fixeron unha andaina pola cidade para coñecer as prazas, rúas e edificios máis representativos da cidade coñecendo a súa importancia e historia. Doulle as gracias ao Servicio de Turismo do Concello de Pontevedra e en especial as súas representantes, Inés e Raquel polo seu magnífico traballo.
Como mostra:
Por outra banda, antes de facer esta andaina, o alumnado de 3º de ed. primaria, fixo a súa xornada intercentros de tenis organizada por ADESPONT e amparado polo Servicio de Deportes da Xunta de Galicia co seu programa XOGADE.
Fomos ata as instalacións do Clube de Tenis Pontevedra, A Caeira. Poio, onde a parte de estar toda a rapazada de 3º de ed. primaria dos 5 colexios que integramos ADESPONT (134 nenxs); pasando unha xornada de convivencia, puxemos en práctica o aprendido nas sesións anteriores traballadas no colexio, gracias o material prestado pola Federación Galega de Tenis. Doulle as gracias aos entrenadores de tenis do clube que estiveron con nós durante a xornada e en especial a Chipi e Tosé polo seu gran traballo.
Foi altamente satisfactorio porque os nenxs quedaron encantadxs e con gañas de máis. De seguro que o próximo ano, repetiremos!!!
Para mostra: