Hoxe, o alumnado de 5º de ed. primaria tivo a sesión intercentros co resto de rapaces e rapazas de 5º do resto de coles que conformamos a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT).
Practicamos os deportes que fixeramos anteriormente nas clases de ed. física nos centros, que foron: VOLEI, BÁDMINTON, XADREZ, BAILE DEPORTIVO e CICLISMO.
A xornada foi todo un éxito e todo o alumnado disfrutou moito, moito desta sesión de convivencia con rapacxs doutros coles practicando estas cinco modalidades deportivas.
Teño que agradecer o Servicio de Deportes da Xunta por poder integrar estas actividades no XOGADE, o Servicio de Deportes do Concello por cedernos as instalacións do pavillón multiusos, o mestre e alumnado do TSEAS pola súa inestimable axuda e os equipos colaboradores (Club Voleibol Pontevedra - VOLEI, Club Bádminton Rabachol - BÁDMINTON, Escola Xadrez Pontevedra - XADREZ, PonteBaile - BAILE DEPORTIVO e Policía Local de Pontevedra - CICLISMO), polo seu bo facer e o trato cos rapacxs.
Tamén teño que felicitar o alumnado que portouse moi ben e fixo que foxe unha xornada moi satisfactoria para todxs. O derradeiro agradecimento, é para os mestres dos coles que pasaron con nós esta xornada e en especial, para os mestres de ed. física destes 5 coles que formamos ADESPONT polo seu grandísimo traballo que sin él, non sería posible.
De seguro que repetimos para o próximo curso!!!