Hoxe, a clase de 5º de ed. primaria tivo a tradicional Andaina por Pontevedra contando coa inestimable colaboración do servicio de turismo do Concello de Pontevedra.
A rapazada puido disfrutar dun paseo pola cidade, visitando sitios tan coñecidos por elxs como as Prazas do Teucro, Ferrería, da Estrela, da Verdura, de Méndez Núñez... e aprender cousas que sí que non sabían como son a súa importancia na cidade, o por que dos seus nomes, e a súa historia.
Foi todo un pracer facer esta Andaina e teño que darlle as gracias a Raquel, encargada da visita pola súa paciencia e saber adaptarse as características dos rapacxs.
Deixo aquí unha mostra do que fixemos durante a hora de ed. física: