sábado, 8 de octubre de 2022

XOGALOITA

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria, puideron disfrutar dunha sesión de loita olímpica impartida pola campiona nacional Nerea Pampín e polo integrante da selección galega Saúl Bello onde puideron practicar as diferentes técnicas deste fantástico deporte.

Estas sesións veñen a conta do acordo que temos dende o colexio coa Federación Galega/Española deste deporte e enmarcada na formación e fomento do Campionato do Mundo Sub-23 que se vai levar a cabo no pavillón municipal de Pontevedra dende o 12 ó 23 de octubre; para o cal estades invitados (cada rapaz/a, levou para casa unha invitación para poder asistir toda a familia).

As sesións foron estupendas, e teño que resaltar o gran comportamento do noso alumnado así como tamén agradecerlle a Nerea e a Saúl o seu bo facer coa rapazada, impartindo de forma maxistral cada unha destas dúas sesións.

Dendo o Clube Loita Pontevedra, convídanvos a probar algunha sesión deste deporte nas súas instalacións, polo que os que esteades interesados, preguntádeme a min no colexio ou escribídeme o correo educacionfisica@cprsanjose.es

Nada máis, deixovos unhas fotos e vídeos para que comprovedes o ben co pasamos.