domingo, 16 de octubre de 2022

Xornada Convivencia XOGALOITA

O venres pasado, tivemos a xornada de convivencia e práctica do XOGALOITA pertencente o programa XOGADE da Xunta de Galicia coa clase de 4º de educación primaria. Esta fantástica sesión foi impartida por Marcos Miragaya, selecionador nacional e Lydia Pérez, campiona de España.

Foi todo un éxito e a parte de ver a compañeiros e compañeiras doutros coles, practicamos os diferentes xogos relacionados co deporte da "Loita" que fixemos e requetefixemos nas sesións de educación física anteriores.

Para mostra, aquí vos deixo estas fotos:











Tivemos a sorte de coindicir coa selección dos EEUU que estaban rematando o seu adestramento e moi gustosos, sacaron estas fotos con nós.






Para rematar a xornada, fomos ata o pabillón municipal e puidemos disfrutar do campionato do mundo de Grappling e Loita Sub-23 o cal estará aberto ao público e gratuito ata o día 23 deste mes.



Estas foron as fotos que sairon hoxe na prensa da cidade: