Este próximo luns e martes, 4 e 5 de decembro, cada curso no seu horario da clase de Ed. Física, fará unha sesión de iniciación ou recordatorio do RCP e DESA en colaboración da Escola de Enfermería pertencente a Universidade de Vigo.
Quero darlles as gracias de antemán ao alumnado e profesarado da Escola de Enfermería pola súa implicación e por axudarme a seguir implementando a importancia do RCP e DESA, que todos os anos fago eu dentro da asignatura de Ed. Física no mes de febreiro ou marzo.
De seguro que aprendemos moito e gustaríame destacar a importancia de saber facer esta manobra todxs os que formamos a comunidade educativa, de feito, cando o fagamos nos meses que vos indiquei anteriormente, faremos unhas xornadas de portas abertas para as familias e que poidades practicar e perder o medo a facelo.
Para esta sesión do luns ou martes, cada rapaz ten que traer un peluche de tamaño medio, que será o "paciente" de cada alumnado. Moitas gracias pola vosa axuda.