miércoles, 26 de noviembre de 2025

Encontros Multideportivos con 4º Ed. Primaria

Onte, o alumnado da clase de 4º de Ed. Primaria, tivo a súa Xornada de Encontros Multideportivos organizada por ADESPONT en colaboración co Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.

Compartimos xornada co alumnado do mesmo curso e o profesorado dos centros CEIP Lérez y CEIP Froebel. Pasámolo xenial e a parte de facer deporte, pasamos unha sesión de convivencia entre iguais que resultou altamente satisfactoria e quedamos con gañas de máis.

Os equipos están formados entre nenos e nenas dos tres colexios implicados para así conseguir unha maior convivencia entre rapaces.

Fixemos os deportes de TCHOUKBALL e o DATCHBALL (tedes aquí a información de cada unha premedo enriba do nome).





Tamén tiñamos programado e xa practicáramos o deporte do BALONMÁN, pero por falta de tempo por conciliación co servicio de transporte, non o puidemos realizar.