Hoxe, o alumnado de 5º de Ed. Primaria, tivo a súa primeira Xornada Intercentros no CEIP Lérez, onde compartimos mañá co alumnado do propio CEIP Lérez e o alumnado do CEIP Froebel.
Foi unha sesión estupenda onde practicamos PINFUVOTE e o COLPBOL,e por falta de tempo non puidemos practicar VOLEI. Conseguimos unha convivencia estupenda entre toda a rapazada de os tres colexios que seguro que se afianza máis na próxima Xornada Intercentros.
Teño que darlle as máis sinceiras gracias aos mestres de ámbolos dous colexios que conpartiron esta xornada con nós e especialmente ao de CEIP Lérez porque foi un magnífico anfitrión, tendo todo magníficamente organizado e dándonos ao final da sesión unha botella de auga e unha mazá para cada participante, como reconstituinte das forzas perdidas.
















