Ola, ola, que tal?
Como vos indicara, o pasado 19 de marzo, tivemos no pavillón municipal unha fantástica xornada de deporte e convivencia entre as clases de 3º de ed. primaria de 8 centros escolares da contorna de Pontevedra. Estes centros fomos: CEIP Cabanas, CEIP Santo André de Xeve, CEIP Isidora Riestra, CEIP Amor Ruibal, CEIP Froebel, CEIP Xunqueira I, CEIP Parada y CPR San José.
Esta actividade está organizada por ADESPONT (Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra), en colaboración co Servicio de Deportes da Xunta de Galicia dentro do programa XOGADE, e tamén contamos coa inestimable colaboración do Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra que nos prestou as instalacións e da empresa Supermercados FROIZ, que nos deron auga e froita para todos os participantes.
A xornada estivo composta polos seguintes deportes, XADREZ (coa colaboración da Escola Xadrez Pontevedra), ESGRIMA (coa colaboración da Escola Hungaresa de Esgrima), JUDO (coa colaboración do Clube Judo Campolongo), RCP e DESA (coa colaboración da Escola de Enfermería de Pontevedra) e RUGBY CINTA (coa colaboración do Pontevedra Rugby Club). Foi todo un éxito e teño que agradecer a fantástica colaboración de todxs e cada un dos integrantes destes equipos e institucións, sin os cales, non poderiamos facer esta impresionante xornada.
Os verdadeiros protagonistas, foron os 190 nenos e nenas dos 8 colexios que estivemos, que durante toda a mañá, participou moi activamente no desenrolo das diferentes actividades, mostrando unhas gañas de xogar verdadeiramente impresionantes.
Tamén teño que darlles as gracias, o alumnado de 1º do ciclo TSEAS e ao seu mestre Anxo, pola súa integración para con nós.
Agradecer tamén a implicación dos mestres dos distintos colexios, que acompañaron os equipos durante a xornada e en especial aos mestres de E.F. dos centros implicados, que son os que fan posible o desenrolo desta marabillosa sesión.
Aquí vos deixo algunhas mostras do feito...